Curso de algo máis que iniciación á fotografía


 

Inscrición

 

Realízase mediante o ingreso de 20 € (que se descontan do total) no número de conta: ES18 0049 0889 9924 1003 0310 (Daniel Rodríguez Cruz, Casa de Verdes) indicando o nome e a opción escollida.

 

Enviar un justificante da transferencia a antonio@amboade.com ou ben por wasap no 669 824 828.


Opcións e Prezos

 
Opción A: Curso 1 persoa: 60 €

Opción B: Curso 1 persoa + xantar de sábado e domingo: 84 €

Opción C: Curso 1 persoa + xantar e cea do sábado + aloxamento noite do sábado + almorzo e xantar do domingo: 120 €

Opción D: Curso 1 persoa + aloxamento noite do venres + almorzo, xantar e cea do sábado + aloxamento noite do sábado + almorzo e xantar do domingo: 150 €

Opción E: Curso 2 persoas  + xantar e cea do sábado + aloxamento noite do sábado + almorzo e xantar do domingo: 200 €

Opción F: Curso 2 persoas + aloxamento noite do venres + almorzo, xantar e cea do sábado + aloxamento noite do sábado + almorzo e xantar do domingo: 240 €


Lugar do curso

Terá lugar na Casa de Verdes Turismo Rural, no lugar de Cundins no concello de Cabana.
 

Obxectivos

Partindo de cero, aprender os conceptos básicos e intermedios dunha cámara en modo manual e o proceso de toma dunha fotografía para iniciarse na linguaxe fotográfica.

 

Para elo resulta moi útil a inmersión durante un fin de semana no mundo da fotografía, facer moitas prácticas e correxir os erros.

 

Durante a clase falaremos de fotografía, na comida falaremos de fotografía, na cea falaremos de fotografía e nas sobremesas tamén podemos falar de fotografía ;-)


Impartirase o último fin de semana de xaneiro (días 27 e 28)

 

Horarios:

  • Sábado e domingo: de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00



Temario

Sábado

Trátase de familiarizarnos cos conceptos básicos da fotografía, pero non como ler un manual, senón coa cámara na man. Comprender o por qué de cada parámetro que se pode cambiar na cámara.


1.- Concepto de fotografía e breve resumo da sua evolución, o que nos permitirá entender en qué consiste o proceso de toma dunha foto.


2.- Elementos presentes na fotografía.


3.- O equipo: tipos de cámara, obxectivos, accesorios, software, hardware, formatos de archivo (JPG, TIFF, RAW, DNG, PSD, NEF…). Qué debo ter en conta cando quero mercar ou ampliar o meu equipo.


4.- Pasos que debo seguir a hora de efectuar un disparo.

1º) Ergonomía (sujeción da cámara e postura do fotógrafo)

2º) Variables que debemos manexar na cámara para que aquelo que estou vendo (e mesmo sentindo) sexa o que reflexa a imaxe: distancia focal, balance de blancos e triángulo de exposición. 

3º) Disparo


5.- Encuadre e cinco reglas básicas de composición.

 

Domingo

1.- Repaso dos conceptos básicos os que lle engadiremos outros conceptos e aclararemos dúbidas.

2.- Composición: outras normas.

4.- Iluminación: conceptos básicos da luz natural e artificial.

5.- Organización do traballo unha vez feito o disparo. Descarga das imaxes e preparación para o seu procesado. 

 

Se estás interesado, podes ampliar a información falando con:

Antonio Amboade: 669 824 828  (antonio@amboade.com)

Daniel Cruz: 686 09 22 55  (info@casadeverdes.com)